Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública sobre o Plan de sectorización do SUND-4. Parque empresarial de Vedra.

Aprobado inicialmente, mediante o Acordo plenario adoptado en sesión do 30 de decembro de 2010, o Plan de sectorización que afecta os terreos incluídos no SUND-4-parque empresarial de Vedra, previsto no vixente Plan xeral de ordenación municipal e clasificados como solo urbanizable non delimitado, e logo de que, de conformidade co artigo 86.1.a) e 86.1.g) en relación co 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, se sometese a información pública polo prazo de dous meses (DOG número 29, do 11 de febreiro de 2011).

Logo de que, previos os trámites pertinentes, o mencionado plan de sectorización fose aprobado provisionalmente pola Xunta de Goberno Local con data do 17 de marzo de 2016, e logo de que no DOG número 103, do 3 de xuño de 2019, se publicase a Orde do 15 de maio de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Vedra no SUND-4. Parque empresarial.

Á vista do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86.1.e) da LOUG, ábrese un novo período de información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

Durante o dito prazo, o texto refundido do proxecto e o expediente do Plan de sectorización do SUND-4. Parque empresarial de Vedra poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais os luns, mércores e xoves, das 8.30 ás 14.00 horas.

Vedra, 21 de febreiro de 2020

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde presidente