Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16840

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

EDICTO de notificación de execución subsidiaria da limpeza dunha leira por risco de incendio, ante a imposibilidade de notificar aos responsables no domicilio.

Expediente nº: 2020/G003/000054.

Notificación ao interesado.

Procedemento: execución subsidiaria.

Data de inicio: 2.3.2020.

Trámite actual: publicación notificación de execución subsidiaria e liquidación provisional custos da execución, por domicilio descoñecido.

Destinatarios: Josefa Rico Brañas e José Cordal Palmeiras.

Decreto de alcaldía.

Iniciado expediente de xestión de biomasa por instancia de Eladio Reimúndez Medín, referente a parcelas con maleza colindantes á súa vivenda no lugar de Lambre, parroquia de Viñas deste concello.

Vistos os informes emitidos polo arquitecto municipal de comprobación de propietarios das parcelas obxecto de xestión de biomasa do 3.5.2016, do 5.1.2018, do 9.8.2018, e do 17.12.2018.

Ditadas as resolucións de corta das malezas existentes nas parcelas colindantes á vivenda de Eladio Reimúndez Medín, decretos nº 392/2018 e nº 92/2017.

Realizada a notificación infrutuosa por descoñecemento do domicilio de xestión de biomasa aos propietarios das parcelas 69 e 70 do polígono 6 do Catastro de rústica deste concello.

Realizadas as publicacións no Boletín Oficial del Estado (20.12.2018), e no Diario Oficial de Galicia (24.12.2018), por ser imposible a súa notificación persoal, concedendo o prazo de quince (15) días naturais para a xestión de biomasa de acordo co disposto en artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Visto o novo informe do arquitecto municipal en que as parcelas seguen na situación similar aos anteriores informes.

Unha vez transcorridos os prazos sen que os responsables xestionen a biomasa, de acordo cos artigos 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestales de Galicia, e artigo 135.1.c) da Lei 2/20016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Considerando que, de acordo co previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia:

«4. Transcorridos os prazos sinalados neste artigo sen que a persoa responsable xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, a Administración pública competente poderá proceder á execución subsidiaria, atendendo ás necesidades de defensa contra os incendios forestales, especialmente respecto da seguridade nas zonas de interface urbano-forestal, conforme o establecido no artigo 44 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, ou norma que a substitúa, sen prexuízo da repercusión dos custos da xestión da biomasa á persoa responsable.

Os custos que se repercutirán poderán liquidarse provisionalmente de xeito anticipado, ata na comunicación a que se refire o punto 2, e realizarse a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados neste artigo, sen prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria.

Para a liquidación dos custos correspondentes a cada parcela a Administración terá en conta a cantidade resultante de aplicar a parte proporcional á cabida da parcela do importe do correspondente contrato, encomenda ou custo dos traballos realizados na zona de actuación.

Cando a identidade da persoa responsable non sexa coñecida no momento de proceder á execución subsidiaria, a repercusión dos custos aprazarase ao momento en que, se for o caso, chegue a ser coñecida, sempre que non prescribisen os correspondentes dereitos de cobramento a favor da Facenda pública.

Se a execución subsidiaria inclúe a retirada de especies arbóreas prohibidas, darase traslado da resolución en que se acorde a dita execución subsidiaria ao órgano competente para a incoación do correspondente procedemento sancionador, o cal deberá proceder de inmediato á adopción do acordo de incoación do expediente sancionador e da medida cautelar de comiso das indicadas especies. O destino das especies obxecto de comiso será o seu enaxenación, a cal será efectuada, nos termos regulados nesta lei, pola Administración que realice a execución subsidiaria.

No caso de venda das especies obxecto de comiso, os importes obtidos deberán aplicarse, por parte da Administración que realice tales vendas, a sufragar os gastos derivados das execucións subsidiarias da súa competencia».

E tendo en conta que, desde a data de notificación da orde de execución referida ata o día de hoxe, con motivo da problemática derivada dos incendios forestales dos últimos anos, e o enorme risco para persoas e bens que poden derivar do estado en que se atopan parcelas como esta, a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestales, foi modificada por medio da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, estendéndose a faixa de protección desde os 30 metros ata os 50 metros actuais.

De conformidade co establecido nos artigos 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, 22.4 da Lei 3/2007 e 135 e seguintes da Lei 2/2016 en uso das facultades que me confire a normativa vixente,

RESOLVO:

1. Aprobar da execución subsidiaria por parte do Concello de Paderne da xestión de biomasa da parcela 69, referencia catastral 15065A006000690000BJ, e parcela 70 do polígono 6, referencia catastral 15065A006000700000JW, do Catastro de rústica deste concello, ordenadas polo Decreto 392/2018, reiterativo do Decreto 92/2017, que non foron atendidos polas persoas requiridas, ascendendo o importe a 1.700,00 € totais, segundo orzamento obtido por este órgano e que se desagrega do seguinte xeito:

850,00 € para a parcela 69.

850,00 € para a parcela 70.

2. Abrir expediente sancionador contra os propietarios das parcelas 69 e 70 antes citadas, por comprobar a retirada de especies arbóreas prohibidas segundo o informe técnico citado, e proceder ao comiso e venda delas para sufragar os gastos derivados da execución subsidiaria ao abeiro do disposto no artigo 22.4, parágrafo 5 e 6 da Lei 3/2007. Para a venda deberán solicitarse 3 propostas ao abeiro do disposto no artigo 22.ter.7 da lei citada.

3. Ao non haber edificacións merecedoras de cualificación como domicilio segundo o informe técnico do 17.12.2018, en aplicación do disposto no artigo 22.6 procederase polo Concello de Paderne á xestión da biomasa das citadas parcelas co fin de evitar riscos maiores de incendio forestal que poidan afectar vivendas e outras propiedades próximas, procedendo á súa repercusión aos propietarios responsables.

4. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais, estímase que a limpeza xerará uns custos a esta administración municipal de 850,00 € por parcela.

5. Serve o presente como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo o presente decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que se cursará unha vez terminados os traballos de talla e roce.

6. Identificar, como interesados no expediente, ao/aos seguinte/s propietario/s:

Josefa Rico Brañas e José Cordal Palmeiras, obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a esta administración xere a súa execución subsidiaria. Ao non coñecerse os domicilios das persoas responsables da xestión de biomasa, procederase á comunicación da execución subsidiaria por publicación en Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Eladio Reimúndez Medín, solicitante da limpeza.

7. Notificar a presente resolución ao solicitante, co réxime de recursos que proceda, e aos obrigados, con indicación de prazos de pagamento en período voluntario e en vía executiva.

O que lle notifico pola súa condición de interesado, en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselle saber que:

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra este pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito para presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, que ascende a 850,00 € por propiedade, requíreselle o pagamento mediante ingreso en conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Paderne, no Banco Santander, número ES33 0030 6087 85 0700012271, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 de mes, o prazo termina o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo termina o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impago nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, con aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Paderne, 2 de marzo de 2020

César Longo Queijo
Alcalde presidente