Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020 polo que se notifica o traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/84/2018-RP1.

A inspectora urbanística acordou, o 3 de febreiro de 2020, dar traslado a Antonia Fernández, Antonio Fernández e aos herdeiros de José Antonio Quiñoa Díaz do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/84/2018-RP1 aberto polas obras de construción dunha edificación nas parcelas 51, 52, 53, 55, 57 e 94 do polígono 30, no lugar de Vilanova, no concello de Coles, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra o seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística