Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de marzo de 2020 pola que se empraza a interesada no procedemento ordinario número 28/2020 no expediente de reposición da legalidade número POL/18/2016.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 28/2020, interposto por Julio González Fernández, contra a resolución desestimatoria ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 23.8.2019 no recurso de reposición, interposto contra outra do 29.11.2016 -expediente POL/18/2016, pola que se ordena a restitución e a reposición ao estado anterior a comisión da infracción, debendo proceder á completa demolición e retirada das obras, consistentes en construción dunha vivenda e muros de peche, sita na rúa Baixada A Castiñeira, Piténs-O Hío, Concello de Cangas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Mercedes González Fernández para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística