Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16781

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 17/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 17/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos García López contra Café L’Incontro, S.C., Café L’Incontro, C.B., José Mera Gómez, Bienvenido Manuel Mera Gómez, María Victoria Mera Gómez, Fernando Figueiras Portela e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza co número 42/2020, do 20 de febreiro de 2020, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Estímase parcialmente a demanda de despedimento presentada por instancia de Marcos García López contra María Victoria Mera Gómez, Bienvenido Manuel Mera Gómez, Fernando Figueiras Portela, José Mera Gómez, Café L’Incontro, S.C e Café L’Incontro, C.B. e, en consecuencia, condeno a Fernando Figueiras Portela a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 44,47 euros/día) ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización de 11.006,09 euros por despedimento improcedente. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Absólvense María Victoria Mera Gómez, Bienvenido Manuel Mera Gómez, José Mera Gómez, Café L’Incontro, S.C. e Café L’Incontro, C.B. das pretensións dirixidas contra eles.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Café L’Incontro, S.C., Café L’Incontro, C.B. e José Mera Gómez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza