Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16780

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (218/2018).

Vistos por min, César Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e o seu partido, os autos do xuízo verbal 218/2018, seguido por instancia de Pablo Vigo López e a entidade Topolaser, S.L.L., representados polo/a procurador/a Sr./a. Castro Fernández e asistido/a do/da letrado/a Sr./a. Vigo López contra Josefina Pérez Rodríguez, en situación de rebeldía, resolvo con base nos seguintes:

Resolución

Estimando a demanda interposta polo/a procurador/a Sr./a. Castro Fernández, en representación de Pablo Vigo López e Topolaser, S.L.L., contra Josefina Pérez Rodríguez, debo condenar e condeno a esta última a aboar a Pablo Vigo López o importe de 2.156,22 euros, cos xuros legais desde o 13 de xullo de 2016, e a Topolaser, S.L.L. o importe de 1.070,21 euros cos xuros legais desde o 13 de xullo de 2016, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación, de conformidade co establecido na LAC.

Así o pronuncia, manda e asina. Dou fe.

O xuíz