Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16470

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña.

A consellería de Política Social convocou a través da Resolución do 30 de decembro de 2019 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro de 2020) o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña (código de procedemento BS213C).

A epígrafe cuarta do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, e indica que as solicitudes se presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que corresponde ao anexo III, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no prazo de 20 días contados a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, na epígrafe quinta determínase a documentación que se xuntará coa solicitude.

A epígrafe novena do anexo I da dita resolución establece que, se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, tamén se indica na dita epígrafe novena que, de conformidade co previsto no artigo 45 da dita lei, os requirimentos de emenda notificaranse por publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación das solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nos anexos I e II da Resolución do 30 de decembro de 2019. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na dita resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Xustiza Penal Xuvenil a través da conta de correo menores.conflicto@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS213A/2019-2

Fundación Camiña Social

G27381797

Memoria de recursos materiais onde conste expresamente a relación de equipamentos informáticos e de impresión para uso exclusivo das persoas menores usuarias.