Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da USDG, Unión Sindical de Docentes de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos de USDG Unión Sindical de Docentes de Galicia.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse todas as empregadas e empregados da docencia na Xunta de Galicia, fixas ou fixos, temporais con independencia do seu tipo de contrato, así como todo o persoal que figure nas listas de contratación aínda non estando en activo, como todas as traballadoras e traballadores que por causa de xubilación ou incapacidade deixen de depender da Xunta de Galicia, que poderán seguir participando da vida interna do sindicato sen ningunha restrición, coa única condición de que acepten os presentes estatutos, con independencia das súas crenzas relixiosas, sexo, nacionalidade, ideoloxía ou filiación política, coa única excepción que non entre en contradición cos obxectivos e principios de USDG.

Asinante: Andrea Estévez Barreiro.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego