Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Ageinco, Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación do domicilio social da dita asociación, que pasa a ser na avenida García Barbón, 104, oficina 2, Vigo.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros todas aquelas empresas establecidas en Galicia que realicen maioritariamente actividade de enxeñaría, arquitectura, consultoría e servizos tecnolóxicos e en cuxo capital social non exista participación maioritaria da Administración pública, directa ou por intermediación, ben sexa esta de carácter local, autonómico, nacional ou internacional e desexen intervir a través da asociación nas relacións laborais contribuíndo xunto cos sindicatos á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle sexan propios.

Asinantes: Daniel Prieto Renda e Marta Isabel Gallego Ramos.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego