Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 2008/20.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido practicar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Expediente: 2008/20 (acta de infracción I272008000009670).

Data da resolución: 12 de febreiro de 2020.

NIF/CIF: B31125081.

Enderezo: rúa Cantón Grande, 6, 2º C, 15003 A Coruña.

Lugo, 28 de febreiro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo