Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 449/2019).

Despedimento/cesamentos en xeral 449/2019

Procedemento: orixe

Sobre: despedimento

Demandantes: María Pilar Loureiro Ferreiro

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz

Demandados: González Arrebola, S.C., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 449/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Pilar Loureiro Ferreiro contra a empresa González Arrebola, S.C., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión

Que estimando a demanda presentada por instancia de María Pilar Loureiro Ferreiro contra a entidade González Arrebola, S.C. e contra o Fogasa, sobre impugnación por despedimento, declaro:

– A improcedencia do despedimento da demandante levado a cabo pola demandada con efectos en 31 de maio de 2019.

– A extinción da relación laboral que une a demandante coa entidade demandada no día de hoxe.

E condeno a empresa demandada a:

– Aboarlle á parte demandante a cantidade de 3.705,08 euros en concepto de indemnización.

– Aboarlle á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento (de ser o caso, a razón de 43,46 €/día), sen prexuízo das regularizacións que procedan por percepción de prestacións por desemprego en períodos coincidentes entre salarios de trámite e prestacións de desemprego (1.6.2019 a 9.7.2019 por importe de 1.193,28 €) e a alta no RETA a partir do 10.7.2019.

Debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para tramitar o recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a González Arrebola, S.C., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza