Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15763

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO de aclaración de sentenza (358/2019).

Xuízo verbal (XVH) (desafiuzamento precario) 358/2019

Sobre: verbal arrendaticio

Demandantes: María Lourdes Veiga García, José Sebastián Muradás Cortegoso

Procuradores: Francisco Javier Almón Cerdeira, Francisco Javier Almón Cerdeira

Avogados: (...), Carlos Rivas Teruelo

Demandados: Tamara Muradás Veiga, Eduardo Nombela Gómez

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de María Lourdes Veiga García e José Sebastián Muradás Cortegoso fronte a Tamara Muradás Veiga e Eduardo Nombela Gómez ditouse auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Emendar o erro cometido na decisión da sentenza, que queda redactada nos seguintes termos:

Que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Almón Cerdeira, en nome e representación de María Lourdes Veiga García e José Sebastián Muradás Cortegoso contra Tamara Muradás Veiga e Eduardo Nombela Gómez; e declaro que procede o desafiuzamento de Tamara Muradás Veiga e Eduardo Nombela Gómez do predio sito na planta alta do lugar da Carballeira número 11, Lourizán, Pontevedra, e condeno a Tamara Muradás Veiga e Eduardo Nombela Gómez ao desaloxo dese inmoble, deixándoo libre, vacuo e expedito, á disposición de María Lourdes Veiga García e José Sebastián Muradás Cortegoso en prazo legal».

E encontrándose a dita demandada, Tamara Muradás Veiga, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza