Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15762

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (358/2019).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María Lourdes Veiga García e José Sebastián Muradás Cortegoso fronte a Tamara Muradás Veiga, Eduardo Nombela Gómez se ditou sentenza número 174/2019, cuxo teor literal é o seguinte:

«Que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Almón Cerdeira, en nome e representación de María Lourdes Veiga García e José Sebastián Muradás Cortegoso, contra Tamara Muradás Veiga e Eduardo Nombela Gómez; e declaro proceder o desafiuzamento de Tamara Muradás Veiga e Eduardo Nombela Gómez do predio sito na planta alta do lugar da Carballeira, nº 11, Lourizán, Pontevedra, e condeno a Rocío Jiménez Jímenez ao desaloxo dese inmueble, deixándoo libre, vacuo e expedito, á disposición de María Lourdes Veiga García e José Sebastián Muradás Cortegoso en prazo legal.

Impóñense expresamente as custas a Tamara Muradás Veiga e Eduardo Nombela Gómez.

Notifíquese esta resolución ás partes, con advertencia de que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado».

E encontrándose a dita demandada, Tamara Muradás Veiga, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza