Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO de aviso de xestión de biomasa e eliminación de especies arbóreas invasoras.

Esta Administración puido constatar o incumprimento do artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, na parcela seguinte: 27061M003000470000KG.

Tendo sido a notificación infrutuosa a nome de herdeiros de Francisco Rodríguez Martínez, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionar a biomasa na parcela citada.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos da xestión da biomasa e, se é o caso, decomiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Advírtese que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supor a repercusión dos gastos de extinción de incendios.

Trabada, 26 de febreiro de 2020

Mayra García Bermúdez
Alcaldesa