Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15224

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (48/2018).

No procedemento JVB 48/2018 ditouse Sentenza nº 54, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal nº 48/2018, seguidos por instancia de Lino Carneiro Alonso, sen representación procesual, baixo a asistencia letrada do Sr. Fernández González, contra Luxury Wedding Group, S.L., sen representación procesual nin defensa letrada.

Resolvo:

Acéptase a demanda presentada por Lino Carneiro Alonso e, en consecuencia, condénase a demandada Luxury Wedding Group, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de mil oitocentos sesenta e dous euros (1.862,20 €) máis os xuros legais contando desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de apelación.

Así o acorda, manda e asina M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Luxury Wedding Group, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza