Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2017/0118-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada, nesta sección de sancións do Servizo de Emprego e Economía Social, a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, recaída no procedemento número 342/2019, polo accidente laboral do traballador Manuel Iglesias Couselo.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (2.5.2017).

• Escrito de alegacións (16.5.2017).

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2017/0118-4.

Acta núm. I362017000020606.

Empresa: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

NIF/DNI: B-94107760.

Enderezo: Lugar Lanzada, 65, O Grove.

Vigo, 24 de febreiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra