Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, polo que se lle notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-6/19 a citación para a entrega da proposta de resolución.

A instrutora do procedemento intentou notificar ao interesado a proposta de resolución. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa interesada (DNI), a referencia do procedemento e o trámite a que se convoca:

Persoa citada: 07871175T.

Procedemento: SXRH-PD-6/19.

Trámite: citación para o día 17.3.2020, ás 10.00 horas, na sede da Inspección Educativa en Santiago de Compostela (Edificio do Mupega, na rúa San Lázaro, nº 109, na cidade de Santiago de Compostela), co obxecto de comparecer ante a instrutora para a entrega da proposta de resolución.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2019

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional