Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 21 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións do procedemento sancionador por infraccións das persoas beneficiarias de prestacións por desemprego do expediente 07/08/2019//2.1.E e oito máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúanse estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpor recurso, ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 20 de febreiro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Adam Constantin

07/08/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilalba

2

Cleno Odair Correia Fernandes

05/09/2019/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Vilalba

3

Dámaso Polanco Sosa

09/08/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

4

Débora Soraia Tiago Patrao

01/10/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

5

Eva Anastasia Fernández Puentes

06/09/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

6

Hanser Álvarez López

08/07/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Monforte de Lemos

7

Jessica Romero Riveiro

11/11/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

8

María Sonia Vilar González

27/08/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Xove

9

Sara Valente Cendán

24/09/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo