Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 253/2017).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 253/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Silva Gómez contra Suma Servicios de Hostelería, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Que debo rexeitar e rexeito a demanda interposta María Esther Silva Gómez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal e a entidade Suma Servicios de Hostelería, S.L., en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra esta articuladas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

E para que sirva de notificación en forma legal a Suma Servicios de Hostelería, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza