Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14956

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (253/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 253/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Abuar Decor, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á entidade Abuar Decor, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Abuar Decor, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 340,42 euros, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Dedúzase o testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma legal a Abu Decor, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza