Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 105/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 105/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela Vázquez Fernández contra a empresa Jalsy Mar, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Acordo:

– O embargo do predio que a continuación se describe, propiedade da executada Jalsy Mar, S.L., ata cubrir o importe da suma reclamada por principal, xuros e custas, que ascenden a 4.571,70 euros en concepto de principal, máis outros 914,34 euros orzados provisionalmente en concepto de xuros e custas da execución.

Predio rexistral: 26743.

Municipio: Ribeira.

CRU: 15011000846163.

Referencia catastral: 0716612NH0101N0001MF.

Natureza do predio: urbana, vivenda.

Localización: avenida Rosalía de Castro, nº 22.

Superficie do terreo: 53 m2.

Superficie construída: 83 m2.

Superficie ocupada pola edificación: 53 m2.

Lindes:

Fronte, por onde ten a súa entrada, avenida Rosalía de Castro.

Dereita, entrando, predio de Martínez Parda.

Esquerda, Promociones Viguesas La Montina, S.L. (casa sinalada co número 21 da avenida Rosalía de Castro, que é o predio rexistral 26744).

Fondo, Promociones Viguesas La Montina, S.L. (casa sinalada co número 4 da rúa Santa Uxía, que é o predio rexistral 26745).

Descrición do terreo: establecemento comercial sinalado co número 22 da avenida Rosalía de Castro, municipio de Ribeira, composto dunha planta baixa destinada a hostalaría da superficie de cincuenta e tres metros cadrados e unha terraza na planta alta da superficie de trinta metros cadrados.

Titulares do predio: Jalsy Mar, S.L., con CIF B15238710.

100 % do pleno dominio.

Título: compravenda.

– Librar mandamento, por duplicado, para que se faga anotación preventiva do embargo realizado nestes autos, no Rexistro da Propiedade de Noia, e remitir o devandito mandamento por fax, no día de hoxe, ao rexistro indicado, onde se expedirá o correspondente asento de presentación. A práctica da anotación quedará en suspenso ata que se presente o documento orixinal na forma prevista na lexislación hipotecaria.

– Así mesmo, para os efectos previstos nos artigos 656 e seguintes da LAC, expídase certificación acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. A titularidade do dominio e demais dereitos reais dos bens gravados.

2º. Os dereitos de calquera natureza que existan sobre os bens embargados, en especial, relación completa das cargas inscritas que o graven ou, se é o caso, que se acha libre de cargas.

Os posibles aumentos ou reducións nas devanditas cantidades iranse comunicando segundo se vaian producindo.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jalsy Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza