Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 24/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 24/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Costa Espiñeira contra Adolfo Fragoso Gómez e Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez, Juan Manuel Fragoso Gómez e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: María Mercedes Pena Moreira.

Santiago de Compostela, doce de febreiro de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 486/2019, de data 10 de outubro, ditada no procedemento PO 669/2018, a favor da parte executante, Cristina Costa Espiñeira, fronte a Adolfo Fragoso Gómez e Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez, Juan Manuel Fragoso Gómez e Fogasa, parte executada, por importe de 8.811,95 euros en concepto de principal (7.426,37 euros en concepto de diferenzas salariais, pagas extras e vacacións, máis 1.385,58 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 881,19 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza»

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, doce de febreiro de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Juan Manuel Fragoso Gómez, dar audiencia previa á parte demandante Cristina Costa Espiñeira e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gomez, Juan Manuel Fragoso Gómez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2020

A letrado da Administración de xustiza