Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14661

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300D).

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 12629, no artigo 3, Beneficiarias, no segundo parágrafo do punto 5, onde di: «Así mesmo, non poderán ser beneficiarias as persoas ás cales lles fose concedida unha subvención para as actuacións previstas no artigo 4.1.2 no ano 2019.», debe dicir: «Así mesmo, non poderán ser beneficiarias as persoas ás cales lles fose concedida unha subvención para as actuacións previstas no artigo 4.1.3 no ano 2019.».