Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 447/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 447/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jenny Alejandra Cabrera Gallego contra a empresa Cervecom Cervecería Santiago, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Yenny Alejandra Cabreira Gallego fronte a Cervecom Cervecería Santiago, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Cervecom Cervecería Santiago, S.L. a aboar á demandante a cantidade de sete mil cincocentos once euros con trinta e dous céntimos de euro (7.511,32 euros), devindicando os conceptos salariais o 10 % de xuro moratorio anual. Así mesmo, condénase a mercantil demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza