Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (272/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 272/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Sara Cacheda Guillén contra a empresa Recursos de Imagen, S.L. e Fogasa, cuxa parte dispositiva se achega:

«– Ter por desistido a Sara Cacheda Guillén da súa demanda de cantidade fronte a Recursos de Imagen, S.L., Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún (artigo 186.4 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Recursos de Imagen, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza