Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Do Agro de Quinta, a favor dos veciños/as do Agro de Quinta, na parroquia de Amarante, no concello de Maside.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 6 de novembro de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Do Agro de Quinta.

Superficie: 9,2 ha.

Pertenza: veciños/as do Agro de Quinta.

Parroquia: Amarante (Santa María).

Concello: Maside.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Considérase que os terreos obxecto da solicitude constitúen dous coutos redondos, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, xa que a continuidade da súa superficie unicamente se ve afectada por vías de comunicación (camiños ou estradas).

A descrición dos terreos que se clasifican é a seguinte:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiro

Referencia catastral

32046A00100461

32046A00400743

32046A00400744

Norte

32046A00109017

Leste

32046A00109019

32046A00109025

Sur

32046A00109006

32046A00100576

Oeste

32046A00100456

32046A00100458

32046A00100457

32046A00100428

32046A00100427

32046A00100687

As parcelas con referencias catastrais 32046A00100688 e 32046A00100689 exclúense inicialmente do procedemento de clasificación, xa que forman parte doutra solicitude de clasificación que afecta o monte veciñal en man común de Dacón.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de febreiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense