Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 17 de outubro de 2019 de conversión gráfica dos datos alfanuméricos das leiras, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, a persoa interesada citada no anexo podrá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro da resolución que se notifica.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 31 de xaneiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado/a:

DNI

Acto que se notifica

34917846M

Resolución