Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2020 Páx. 14500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente-e IN407A 2019/204-1).

Expediente-e: IN407A 2019/204-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: subestación Formarís 66-20 kV-nova subestación.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O 14 de outubro de 2019 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 11 de decembro de 2019 e no BOP do 26 de novembro de 2019.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo Concello de Santiago de Compostela.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Subestación cun parque blindado de 66 kV, dous transformadores de potencia trifásicos de 25 MVA e un parque blindado de 20 kV.

– O parque de 66 kV terá unha configuración de doble barra, realizado mediante celas con envolvente metálica e illamento en gas SF6 para interior, constituído por dúas posicións de liña, dúas posicións de transformador (T-I e T-II), unha posición de medida de barras e unha posición de acoplamento transversal.

– A transformación levarase a cabo mediante dous transformadores trifásicos de potencia, de relación de transformación 66/20 kV e potencia 25 MVA.

– O parque de 20 kV terá unha configuración de doble barra, realizado mediante celas con envolvente metálica e illamento en gas SF6 para interior, constituído por tres posicións de liña, dúas posicións de transformador (T-I e T-II), dúas posicións de transformador de servizos auxiliares e unha posición de acoplamento transversal de barras con medida de tensión de barras (doble xogo de transformadores de tensión).

– Dous transformadores de servizos auxiliares de dieléctrico seco con encapsulación total en resinas, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20,000/420 V.

– Localización do acceso a subestación. UTM.

X: 541.253 m.

Y: 4.751,443 m.

Fuso 29.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal deberá achegar a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Mediante este documento notifícase á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña