Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle da parcela R-5 do SUP-3, en Perillo (expediente FG 568).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 30 de xaneiro de 2020, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle da parcela R-5 do SUP-3R, en Perillo (documento R.E. nº 12853 do 30.7.2019).

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 6 de febreiro de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente