Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da resolución de adxudicación do posto de traballo vacante de coordinador deportivo.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Economía, Facenda e Recursos Humanos número 153/2020, do 29 de xaneiro de 2020, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria de concurso para a provisión do posto de traballo vacante no Concello de Cambre, de coordinador deportivo, convocado mediante a Resolución do concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación, do 27 de xullo de 2018 e número 1531/2018.

Segundo. Adxudicarlle ao funcionario José Amando Pena Vila o posto de traballo de coordinador deportivo convocado.

Terceiro. O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se o posto de traballo radica na mesma localidade, ou dun mes se radica nunha localidade distinta, contado a partir do seguinte ao do cesamento, de conformidade co establecido na base novena das que rexen a convocatoria.

O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo o posto producirase dentro dos tres días hábiles seguintes ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para todos os efectos, o prazo de posesión considerarase de servicio activo e os efectos económicos no novo destino comezarán desde a data de cesamento no de procedencia.

Cuarto. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web municipal.

Cambre, 7 de febreiro de 2020

O alcalde
P.D. (Resolución 1323/2019, do 1 de xullo)
María Dolores Pan Lesta
Concelleira delegada da Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos