Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2020, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-01454-O-2019.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-01454-O-2019 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

Outorgáselle un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 6 de febreiro de 2020

O xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
P.S. (Resolución do 28.1.2020)
Hipólito Casas Conde
Xefe da Sección I

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

denunciado

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-01454-O-2019

M-6253-PV

47222237V

Carecer do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

27.5.2019; 11.50; A-75; 10,0

Artigo 140.20 da LOTT

Artigo 197.21 do ROTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 €