Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2019/84-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, RBTS e CT A Toxa, no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2019/84-1), pola Resolución desta xefatura territorial, do 29 de xaneiro de 2020, a favor da entidade beneficiaria Electra del Gayoso, S.L., con enderezo na rúa Casais, 20, baixo, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 3 de abril de 2020 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Vimianzo, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 28.8.2019, no BOP do 27.8.2019 e no xornal La Voz de Galicia do 26.8.2019, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles practicará notificación individual e lles comunicarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do Concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 24 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña