Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Costa da Gándara a favor dos/das veciños/as de Casardeita, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo de Miño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 6 de novembro de 2019, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Costa da Gándara a favor dos/das veciños/as de Casardeita, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo de Miño (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 19 de decembro de 2017 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Francisco González Fernández, en que solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Costa da Gándara.

Segundo. Con data do 13 de marzo de 2019 o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designar instrutor e realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Ampliación de Costa da Gándara.

Superficie: 4,68 ha.

Pertenza: veciños/as de Casardeita.

Parroquia: Macendo (Santa María).

Concello: Castrelo de Miño.

Descrición dos predios que constitúen o monte: os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, atravesado por un camiño, constituído polas parcelas catastrais seguintes:

Denominación do predio: Costa do Ribeiro:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Castrelo de Miño

55

358 (unha parte)

54

95 (unha parte)

Parcelas catastrais lindeiras:

Linde

Polígono

Parcelas

Norte

54

95 (resto da parcela)

55

358 (resto da parcela)

Leste

55

5000-151-150-146-145-360-9012

Sur

55

359

54

1000

Oeste

54

2000

O límite do monte polo norte vén establecido pola liña imaxinaria que une os puntos denominados Marco intermedio e Pozo do Ribeiro, tal como recolle a descrición da estrema sur do monte Ribeiro que figura no acordo de clasificación do MVMC Fontela e Ribeiro, pertencente aos veciños das Bouzas, adoptado polo Xurado Provincial o 20 de novembro de 2012.

a) Perímetro interior (encravados):

Está atravesado de norte a sur por un camiño correspondente á parcela catastral número 9000 do polígono 54.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Costa da Gándara a favor dos/das veciños/as de Casardeita, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo de Miño (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 5 de febreiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense