Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado ampliación do monte Chan da Ponte, a favor dos veciños da parroquia de Desteriz, no concello de Padrenda.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 6 de novembro de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: ampliación do monte Chan da Ponte.

Superficie: 0,41 ha.

Pertenza: CMVMC da parroquia de Desteriz.

Parroquia: Desteriz (San Miguel).

Concello: Padrenda.

Descrición dos terreos que constitúen o monte:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindes

Referencia catastral

32057A034001300000QH (parte da parcela)

Norte

32057A034001300000QH (resto da parcela)

Leste

32057A034090010000QG (estrada OU-410)

Sur

32057A034001310000QW

Oeste

32057A034090080000QO (río Troncoso ou Barxas)

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de febreiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense