O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de novembro de 2019, acordou aprobar definitivamente o plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado
SUR-D/S-I4/AR S-I4 do PXOM (Calvo), con reaxuste da súa delimitación, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (colexiada 3194 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (colexiado 3877 COAG) e polo enxeñeiro industrial Manuel Breijo Cotelo (colexiado 5040 ICOIIG); cuxa promotora é Calvo Conservas, S.L.U.
Neste mesmo acordo acordouse desestimar as alegacións formuladas polos titulares das parcelas coas referencias catastrais 15019A002000560000II e 15019A002001280000IW, presentadas en data 2 de setembro de 2019, mediante escritos rexistrados de entrada no concello cos números 201900000007049 e 201900000007050 respectivamente.
Xunto con este acordo fanse públicas as medidas previstas para o seguimento ambiental do plan:
O seguimento ambiental do plan parcial verificará o cumprimento das medidas previstas no documento ambiental estratéxico (DAE) na fase de execución. Ademais, basearase no artigo 51 Seguimento das declaracións ambientais estratéxicas e dos informes ambientais estratéxicos da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, en que se establece a necesidade dun seguimento dos efectos no medio da aplicación e execución do plan. Grazas ao sistema de seguimento identificaranse rapidamente os efectos adversos non previstos, así como as posibles desviacións do plan, permitindo levar a cabo as medidas axeitadas para evitalos e correxilos.
Por iso, a promotora do plan parcial deberá remitir ao órgano substantivo, o Concello de Carballo, un informe de seguimento ambiental con base no sinalado na declaración ambiental estratéxica ou no informe ambiental estratéxico, emitido polo órgano ambiental, Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, CMAOT, Xunta de Galicia.
O informe de seguimento ambiental versará sobre o cumprimento das determinacións e medidas correctoras especificadas na declaración ou informe ambiental estratéxico.
O programa de seguimento ambiental deberá conter as medidas de seguimento ambiental precisas para dar cumprimento ás determinacións establecidas polo órgano ambiental. Neste programa integraranse as actuacións de seguimento ambiental e o control das obras.
O programa de seguimento ambiental responderá aos seguintes criterios:
– Determinación do responsable ou responsables do seguimento.
– Identificar os indicadores para avaliar os distintos aspectos ambientais.
– Fixar a periodicidade e os valores límite nos indicadores propostos.
– Establecemento periódico dos informes técnicos (anual, desde o comenzo da execución).
1. Indicadores ambientais.
Variable: todas as variables |
|
Fase: proxecto |
|
Indicador: cumprimento das medidas desenvolvidas no PP do sector de solo urbanizable SUR-D/S-I4/AR S-I4 |
|
Descrición |
Transposición e/ou desenvolvemento das medidas á normativa do plan parcial e proxecto de urbanización |
Unidade de medida |
- |
Fonte de datos |
Normativa do PP e proxecto de urbanización (promotora) |
Método de cálculo |
- |
Situación estimada |
Inclusión das medidas propostas na normativa. No caso de non incluílas, realizarase unha xustificación razoada e a inclusión doutras medidas ambientais compensatorias |
Destácanse os seguintes indicadores:
Variable: patrimonio natural |
|
Fase: obra |
|
Indicador: conservación da área de amortecemento do río Anllóns |
|
Descrición |
Superficie dedicada a zona verde ao sur do sector |
Unidade de medida |
% superficie de zona verde real/superficie zona verde plantexada (6.668 m²) |
Fonte de datos |
- |
Situación de partida |
Non existe zona verde |
Método de cálculo |
- |
Situación estimada |
100 % |
Variable: patrimonio natural |
|
Fase: obra |
|
Indicador: estado da vexetación na zona meridional |
|
Descrición |
Este indicador dá información sobre o estado da vexetación existente no sector e no seu contorno inmediato |
Unidade de medida |
- |
Fonte de datos |
Promotora |
Situación de partida |
Reportaxe fotográfica da vexetación previa ao inicio da obra |
Método de cálculo |
|
Situación estimada |
Ausencia de afección na vexetación |
Variable: ocupación do solo-ciclo hídrico |
|
Fase: obra |
|
Indicador: permeabilidade do solo público (vías, beirarrúas, zonas verdes, etc.) |
|
Descrición |
A proporción de solo permeable nos sectores debe garantir a continuidade das superficies verdes e a creación de boas estruturas para o correcto desenvolvemento dos ecosistemas naturais |
Unidade de medida |
Porcentaxe de pavimentos permeables (dotacións, espazos libres, vías, aparcadoiros, etc.) ou zonas verdes (m²)/superficie total do sector de uso público |
Fonte de datos |
- |
Situación de partida |
Actualmente case a totalidade é solo permeable |
Método de cálculo |
|
Situación estimada |
Maior do 70 % de solos permeables |
Variable: solo |
|
Fase: obra |
|
Indicador: superficie ocupada |
|
Descrición |
Informa sobre se se axustou a superficie de ocupación con respecto ao establecido no PP |
Unidade de medida |
m² |
Situación de partida |
Datos de superficie definidos no plan |
Fonte de datos |
Memoria do Plan parcial |
Método de cálculo |
Elaboración de planimetría durante o desenvolvemento do PP |
Situación estimada |
Ausencia de incremento da superficie de ocupación con respecto ao previsible inicialmente |
Variable: enerxía |
|
Fase: obra |
|
Indicador: consumo de enerxía |
|
Descrición |
Este indicador dá información sobre o consumo final da enerxía das actuacións programados a raíz do desenvolvemento do plan |
Unidade de medida |
kW/ano |
Fonte de datos |
Promotora, facturas de consumo enerxético (luz, gas, etc.) |
Método de cálculo |
Sumatorio das facturas de consumo de enerxía ao longo do desenvolvemento das actuacións do plan |
Situación estimada |
Tendencia ao incremento de consumo de enerxía, considerando que se trata dunha situación temporal e puntual |
Variable: mobilidade |
|
Fase: explotación |
|
Indicador: desprazamentos realizados no sector e persoas que comparten vehículo |
|
Descrición |
Nº de desprazamentos derivados da actividade empresarial e o seu modo de transporte Nº de persoas que comparten vehículo |
Unidade de medida |
Nº de persoas x modo de transporte (a pé, bicicleta, vehículo privado, transporte colectivo, etc.) Nº de persoas que compartiron vehículo |
Fonte de datos |
Enquisa en campo ás distintas empresas que teñen actividade no sector |
Método de cálculo |
% (superficie viaria peonil ou carril-bici/superficie viaria pública total, sen prazas de aparcadoiro) |
Situación estimada |
Variable: atmosfera-cambio climático |
|
Fase: funcionamento |
|
Indicador: emisións de ruído |
|
Descrición |
Informa sobre os niveis sonoros do ámbito de actuación |
Unidade de medida |
D(BA) |
Fonte de datos |
Estudo preoperacional de emisións acústicas ou mapas estratéxicos de ruído se o municipio de Carballo o desenvolvese |
Método de cálculo |
Medición de índices acústicos no ámbito da modificación puntual conforme o procedemento establecido no Real decreto 1367/2007 |
Situación estimada |
Mantemento do índice de ruído con respecto á situación preoperacional |
Variable: atmosfera-cambio climático |
|
Indicador: emisións á atmosfera de orixe industrial (só aqueles que presenten actividade industrial) |
|
Descrición |
Volume de emisións á atmosfera xeradas polas instalacións de produción industrial no concello. Este indicador recolle as emisións de gases efecto invernadoiro (GEI) |
Unidade de medida |
T/ano |
Fonte de datos |
Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes EPER-PRTR |
Método de cálculo |
- |
Variable: ciclo de materiais |
|
Fase: obra |
|
Indicador: xestión de residuos |
|
Descrición |
Este indicador dá información sobre a cantidade total de residuos xerados nas actuacións do plan parcial |
Unidade de medida |
m3 |
Fonte de datos |
Promotora |
Método de cálculo |
Reconto das toneladas de residuos xerados ao finalizar as actuacións da modificación puntual |
Situación estimada |
Xestión de residuos conforme a súa tipoloxía e mediante xestores autorizados e ausencia de variacións na previsión da xeración de residuos con respecto ao dato inicial |
Variable: calidade de vida |
|
Fase: obra e funcionamento |
|
Indicador: servizos públicos existentes (abastecemento, saneamento, recollida de lixo, etc.) |
|
Descrición |
Este indicador dá información sobre as queixas da poboación derivadas ausencia de servizos públicos ou servizos deficitarios |
Unidade de medida |
Nº de queixas veciñais polos servizos existentes |
Fonte de datos |
Concello de Carballo |
Método de cálculo |
- |
Situación estimada |
Ausencia de queixas da poboación residente nos sectores |
Actualización dos indicadores: Os indicadores do proxecto son de carácter puntual, en función da súa redacción. Os indicadores de fase de obra estableceranse nunha periodicidade anual. Os indicadores de funcionamento realizaranse nun período de 5 anos. |
2. Emisións de informes de seguimento.
O obxetivo da emisión de informes é o de valorar a eficacia das accións realizadas para cada unha das variables que se verán afectadas, e poder tomar as decisións que procedan.
Estos indicadores rexistraranse nunha serie de fichas modelo e informes que dependerán do desenvolvemento do sector.
3. Divulgación de informes.
Os informes serán remitidos ao órgano ambiental, indicando a evolución ou tendencia dos resultados e indicando a adecuación de cada indicador, intentando con isto detectar as tendencias negativas destes.
O documento aprobado definitivamente poderá consultarse na páxina web do concello na seguinte ligazón: http://www.carballo.org/media/documentos/aprobacion_definitiva_calvo.pdf
A normativa e as ordenanzas reguladores deste plan parcial publicaranse no Boletín Oficial da provincia e remitirase o documento, debidamente dilixenciado, en formato dixital, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do regulamento da citada lei.
Carballo, 23 de xaneiro de 2020
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde