Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de convocatoria para a provisión temporal, mediante comisión de servizos, do posto de policía local (expediente 52/2020).

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Guitiriz, do 24 de xaneiro de 2020, aprobouse a convocatoria para a provisión temporal, mediante comisión de servizos, do posto vacante de policía local deste concello (ficha número 12 da relación de postos de traballo, código 16).

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles desde a publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As bases desta convocatoria estarán á disposición dos/as interesados/as na páxina web municipal (www.concellodeguitiriz.com) e na sede electrónica municipal (http://guitiriz.sedelectronica.gal).

Quitiriz, 3 de febreiro de 2020

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa