Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de febreiro de 2020 pola que se anuncia inicio de procedemento para o alleamento mediante poxa pública do buque auxiliar de acuicultura Mekong, declarado en situación de abandono.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 12 de febreiro de 2020, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.portosdegalicia.gal, epígrafe de comunicacións e avisos-venda de embarcacións, o inicio do procedemento para o alleamento mediante poxa pública do buque Mekong.

1. Obxecto da poxa: alleamento do buque Mekong, en fase de construción e sen documentación oficial.

A descrición técnica en detalle e a taxación do buque recóllense nun informe de valoración que pode ser consultado na páxina web www.portosdegalicia.gal, epígrafe de comunicacións e avisos-venda de embarcacións, ou solicitado no Departamento de Secretaría Xeral e Asesoría Xurídica de Portos de Galicia (teléfono 981 54 53 29).

2. Prezo base de licitación: o prezo base de saída, con ofertas á alza para cada unha das poxas previstas, é o seguinte:

2.1. Prezo base de licitación da primeira poxa: cincuenta mil (50.000) euros.

2.2. Prezo base de licitación da segunda poxa: corenta e dous mil cinco centos (42.500) euros.

2.3. Prezo base de licitación da terceira poxa: trinta e seis mil cento vinte e cinco (36.125) euros.

3. Poxas sucesivas: no caso de que non resulte adxudicado o buque na primeira poxa celebraranse sucesivamente e sen solución de continuidade ata dúas poxas máis.

4. Garantía provisional exixida: o licitador estará obrigado a constituír e presentar ante Portos de Galicia unha garantía cun importe equivalente ao 20 por cento do prezo base de licitación previsto para a primeira poxa, constituída exclusivamente baixo calquera das formas admitidas no prego de condicións regulador da poxa.

5. Exposición do buque: o buque obxecto da poxa atópase varado na mariña seca do porto de Rianxo. A inspección e visita do buque axustaranse ao disposto no prego de condicións regulador da poxa.

6. Prazo de presentación de proposicións: 20 días contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia.

7. Lugar de presentación de proposicións: a documentación será presentada no Rexistro Xeral dos Servizos Centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5 A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, por algún dos medios indicados no prego de condicións regulador da poxa. A forma de presentar as proposicións e o seu contido será o indicado no prego de condicións regulador da poxa.

8. Acto público de apertura de proposicións económicas: nos termos establecidos na condición 12 do prego de condicións regulador da poxa, o acto público de apertura de proposicións económicas terá lugar en día e hora que se anunciará na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.gal, dentro da epígrafe de comunicacións e avisos, subepígrafe de venda de embarcacións.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta exclusiva do adxudicatario.

10. Documentación: o prego de condicións que rexerá na poxa poderá obterse tanto no Departamento de Secretaría Xeral e Asesoría Xurídica de Portos de Galicia (teléfono 981 54 53 29) como na páxina web www.portosdegalicia.gal, epígrafe de comunicacións e avisos-venda de embarcacións.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia