Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de febreiro de 2020, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 5 no dominio público portuario de Laxe.

Ao quedar dispoñible no porto de Laxe o departamento número 5 no dominio público portuario de Laxe, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, nas oficinas da Zona Centro do ente público empresarial Portos de Galicia, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas pero, en todo caso, deberanse acreditar a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 13 de febreiro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro