III. Outras disposicións
Consellería de Economía, Emprego e Industria
CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519D).
Advertido erro no extracto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 21 de xaneiro de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 3043, no punto quinto, Prazo de presentación de solicitudes, onde di: «Un mes desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 26 de decembro de 2019 no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Catro meses desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 26 de decembro de 2019 no Diario Oficial de Galicia».