Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13741

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 13 de febreiro de 2020 pola que se modifica a autorización, por cambio da súa denominación específica, do centro privado plurilingüe San Pelayo, de Santiago de Compostela.

A titular do centro privado (CPR) plurilingüe San Pelayo, de Santiago de Compostela, solicita o cambio da denominación específica do centro.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización, por cambio da denominación específica, do seguinte centro privado (CPR) plurilingüe:

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Código: 15015482.

Denominación específica actual: San Pelayo.

Nova denominación específica: Emma.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional