Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13735

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se completa a Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro (código de procedemento IF312A e IF312B).

Logo de detectar a omisión dos anexos da Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 24 de febreiro, procede ditar a seguinte resolución:

DISPOÑO:

Incorporar os anexos IF312A e IF312B da resolución anteriormente citada.

Declarar que o prazo de presentación de solicitudes comezará a contar a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febrero de 2020

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file