Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a delimitación do solo de núcleo rural na costa.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de abril de 2019, acordou aprobar inicialmente o expediente 36/2016.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Arteixo para a delimitación do solo de núcleo rural na costa, segundo proxecto redactado por Ángel Luis Monteoliva Díaz e outros, a través da entidade Monteoliva Arquitectura, S.L.P., e presentado con rexistro de entrada 201900000003844 do 20 de marzo de 2019.

Así mesmo, acordouse declarar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas para os ámbitos que se detallan nos planos que acompañan ao resumo executivo e para o caso de que as novas determinacións supuxesen a modificación urbanística vixente. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Extinguidos os efectos da suspensión, en calquera dos supostos previstos non se poderán acordar novas suspensións por idéntica finalidade no prazo de catro anos. Mentres dure a suspensión de licenzas, poderasen autorizar usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei do solo de Galicia.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de outubro de 2019, acordou aclarar e concretar o acordo plenario do 9 de abril de 2019.

En virtude do disposto polo artigo 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo artigo 191 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza esta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, nº 1, Arteixo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar alegacións se o xulgan oportuno.

O contido íntegro da modificación puntual pódese consultar no seguinte enderezo electrónico:

https://sede.arteixo.org/opencms/es/informacion/tablon/Noticia_Urbanismo_002.html

Arteixo, 15 de xaneiro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto 1603/2019, do 1.7.2019,
modificado polo Decreto 2842/2019, do 23.11.2019)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado en materia de Urbanismo