Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2020 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/69/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 30 de decembro de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía nave no lugar de Novás, no termo municipal de Xinzo de Limia, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Germán José Feijoo Bouzas, mediante o presente anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispon dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística