Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13699

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial dun estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 4 de febreiro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o estudo de detalle referido á ordenación do predio da zona A de 10.290 m2, mantendo o deseño da licenza para os tres bloques (81 vivendas), situados ao leste do predio na zona denominada A-2, e deseñando un novo edificio comercial, en substitución dos cinco (5) bloques restantes, na zona denominada A-1. Na zona A-1 disponse un novo bloque que ocupa 3.060 m2, cunha fachada de 90 m e un fondo de 34 m, para unha superficie construída total do conxunto das dúas plantas de 6.120 m2 e tramitado por instancia da sociedade Proincasa.

Someter o expediente a información pública durante o prazo dun (1) mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que poidan examinar e presentar, se é o caso, as reclamacións que consideren oportunas.

O Carballiño, 13 de febreiro de 2020

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde