Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 21/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Concepción Baluja Sende contra Enade Gestión, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: María Mercedes Pena Moreira.

En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza número 532/19, do 21.11.2019, ditada no procedemento ordinario 740/18 a favor da parte executante, María de la Concepción Baluja Sende, fronte a Enade Gestión, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 4.844,69 euros en concepto de principal (4.367,59 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non gozadas, 464,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 4.009,28 euros, 12,46 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre o importe correspondente de vacacións que comporta 358,31 euros), máis outros 484,46 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Enade Gestión, S.L., dar audiencia previa á parte demandante María de la Concepción Baluja Sende e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enade Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza