Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 160/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DOI 160/2018 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 160/2018, en que son parte, como demandante, Luz Divina Rey Casal, asistida pola letrada Sra. Prieto Currás, e, como demandados, Refojo y González, S.L. (en calidade de administradora concursal, María José Lorenzo Gómez); Hipescar, S.L.; Campiñas de Laíño, S.A. (en calidade de administración concursal, Juan M. Capella Pérez); Fidel Derivados Cárnicos e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), que non comparecen malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Ministerio Fiscal, sobre despedimento obxectivo individual, pronunciou esta sentenza, no nome do rei, con base no seguinte

Resolvo:

Estímase a demanda presentada por Luz Divina Rey Casal contra Campiñas de Laíño, S.A., con citación de administración concursal, Juan M. Capella Pérez; Refojo y González S.L., con citación de administración concursal, María José Lorenzo Gómez; Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., na súa pretensión principal, e en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento da demandante efectuado con efectos do 31 de xaneiro de 2018.

– Declárase extinguida a relación laboral na data desta resolución e condénanse as demandadas, con carácter solidario, ao aboamento da indemnización de 36.946,39 euros e 27.798,40 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu, ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou que non goce do beneficio da xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza