Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 509/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 509/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Cambiazo de Pedro contra Rocha y Blanco, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo fallo é o seguinte:

«Fallo.

Estimar a demanda formulada por Andrea Cambiazo de Pedro e condenar a Rocha y Blanco, S.L. ao pagamento á demandante da cantidade de 518,58 euros, que se incrementará cos xuros do 10 %.

Impoñer as custas do presente procedemento, incluídos os honorarios de profesionais ata 600 euros, á parte demandada.

Póñase en coñecemento do Fogasa para os efectos oportunos.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e que non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rocha y Blanco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 31 de xaneiro de 2020

O letrado da Administración de xustiza