Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 192/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 192/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Núñez Pardo contra Transportes Anmasa 2104, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de apelación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Anmasa 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinatara que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza