Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a seguir, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste, sirva de notificación as persoas interesadas, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Monforte de Lemos, 6 de febreiro de 2020
Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
ANEXO
Suxeito Pasivo |
Concepto |
Período |
Débeda |
Shaw --- Jamie Chistopher |
Fra. 202050035 |
13.1.2020 |
401,94 |
Oubla --- Adil |
Fra. 202050036 |
13.1.2020 |
522,99 |
Quintana Lizarraga Kevin Alexander |
Fra. 202050048 |
13.1.2020 |
361,59 |
Trigo Clement |
Fra. 202050060 |
13.1.2020 |
401,94 |
Kwon Kim Mariana |
Fra. 202050061 |
13.1.2020 |
361,59 |
Kag Anders Christensen |
Fra. 202050064 |
13.1.2020 |
1.015,57 |