Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención de solo destinado a sistema local viaria na rúa Antonio Insua Rivas 38 e 38d (expediente 620/2019/64).

A Xunta de Goberno Local, o día 30 de decembro de 2019 acordou:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, para a obtención de chan de sistema local viario, de dúas parcelas, situadas na rúa Antonio Insua Rivas 38 e 38D, elaborado polos técnicos municipais do Servizo de Planeamento e Xestión, que afecta as parcelas catastrais 8483815 NH4988 S0001 WI e 8483814 NH4988 S0001 HI.

O importe deste proxecto de expropiación ascende á cantidade de 10.964,89 €, existindo crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2019 (orzamento prorrogado de 2018) con cargo á aplicación orzamentaria 30.151.600.05.16 (código de proxecto 2016 2 30 1).

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como na sede electrónica municipal, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Cuarto. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación e requirirlles que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios/ as ou titulares doutros dereitos».

O expediente estará á disposición xeral, durante o prazo dun mes, nas dependencias do Departamento de Xestión do Solo sitas no edificio de Urbanismo, na rúa Indalecio Prieto nº 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas e na web deste Concello www.coruna.gal, no punto da sede electrónica (información pública, taboleiro de anuncios e edictos do concello da Coruña).

A Coruña, 17 de xaneiro de 2020

A alcaldesa
P.D. (XGL do 28.7.2019 nº 124, do 3 de xullo)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº parc.

Situación

Titular catastral

Referencia catastral

Superficie expropiada (m2)

1

Antonio Insua Rivas 38

José Catoira Piña

(DNI 32..64..T)

8483815NH4988S0001WI

9,37

2

Antonio Insua Rivas 38D

Manuel Patiño Iglesias

(DNI ..26..72C)

Herdeiros de Argentina Patiño Paseiro

8483814NH4988S0001HI

14,92